Acampamento de Inverno CHAO DE CASTRO – ALTAIR

Acampamento de Inverno

CHAO DE CASTRO – ALTAIR

a_casa_da_terra
A casa da terra

Do 26 ao 28 de
decembro

A NTAS DE ULLA

É un concello galego, pertencente á comarca da Ulloa. Situado no centro de Galiza e a tan só 45 km da cidade de Lugo.

A Casa da Terra

É un aloxamento de turismo alternativo situado na parroquia de Vilapoupre no concello de Antas de Ulla. A casa ao noso dispor en caso de mal tempo ou outras necesidades.

A casa conta cos seguintes servizos: • Cociña • Salón • Comedor • Habitacións • Baños • Calefacción • Cheminea • Cabanas ecolóxicas • Grande superficie de terreo • Tipi indio • Salón de eventos

O Acampamento inclue:

Aloxamento e Comidas, Seguro e Transporte
∞ O primeiro día os nenos/as deberan levar bocadillo para a comida

O campamento contará coa presenza de Elias J. Torres Feijó, presidente de Altair, Director titulado de Actividades de Tempos Libres e professor e ex-vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela

Proxecto pedagoxico de Altair

A equipa de educadoras e educadores de Chao de Castro-Altair , con formación específica neste ámbito e pertencente á Asociación de Cooperación Educativa Internacional Altair impulsa un proxecto educativo en Burela nos tempos libres, durante os tempos de ocio ou lecer.

Traballamos con rapaces e rapazas cuxa idade esteña comprendida entre os 8 e os
18 anos. O noso traballo é continuo e estábel: facemos actividades todos os
sábados. Por ser a nosa unha pedagoxía do ocio ou do tempo libre empregaremos
instrumentos como o xogo, a música, a danza, a representación, a arte, as actividades ao aire libre, as visitas a lugares, os percorridos, as aventuras e naturalmente os acampamentos para transmitir valores como a tolerancia, a igualdade, a solidariedade, a paz, o respeito, a xustiza…

Valores que coidamos son fundamentais para o presente e o futuro dos seus fillos e
das súas fillas como cidadáns e cidadás conscientes, críticos/as e responsábeis.

PREZO:

83€ – 38€ (subención extraodinaria que Altair da para esta primeira actividade)

45€

3 Dias / 2 noites

DATA LIMITE PARA INSCRIBIRSE: 23 de Decembro!!

Folleto para a inscripcion e informacion: PREMER AQUI

Máis Información:

chaodecastro.altair-burela@gmail.com

Aitor —-610845852; Bruno—685325153
Melisa—676220442; Mario—666164479

Chao de Castro-Altair
https://chaodecastro.wordpress.com/

ALTAIR

BRANS DE ARRIBA 6
15865 BRION
A CORUÑA
http://www.altairweb.org

A casa da terra
http://www.casadaterra.com

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s