ACAMPAMENTO DO 24 AO 27 DE MARZO EN SAN XIÁN DE CABARCOS (BARREIROS)

San Xián de Cabarcos é unha parroquia que pertence ao concello de Barreiros. Este concello ten unha grande variedade xeográfica xa que posúe vales e montañas. No que respecta a esta pequena parroquia, conta cun número considerable de pradarías, onde se poden ver vacas, ovellas, cabras e cabalos. Ademais debido á fermosura das súas terras,  da existencia dalgún pequeno monte e regato, convértese nun lugar idóneo para a realización dun acampamento.

DSC_0410

Triptico do Acampamento

Premer aqui

DSC_0400

Programa de Actividades 

Premer aqui

Axudándonos da fermosa paisaxe que vamos ter ao noso redor, faremos actividades de exploración, descuberta, relacionadas tamén coa estratexia e, por suposto co traballo en equipo e a convivencia. Como aconteceu nos anteriores acampamentos, as rapazas e os rapaces participarán en todas as tarefas diarias como: cociñar, lavar, recoller, limpar, etc.

Destinatarias/os: nenas e nenos de 8 a 18 anos.

DSC_0403

Para o acampamento contamos cun refuxio que gratamento nos deixaron os seus encargados (Bar A Curva) e o Concello de Barreiros.

DSC_0401

Trátase dunha experiencia moi construtiva para os nenos e as nenas, tanto para o seu crecemento persoal como grupal.

Queremos animar ás familias e por suposto aos propios nenos e nenas que se anoten, XA VERÁS COMO VAS QUERER REPETIR!!!!!

DSC_0398

DSC_0408

O acampamento inclúe:

  • Aloxamento (en tendas de campaña, se chove na casa)
  • Comidas (levar bocadillo para a comida)
  • Seguro de responsabilidade civil
  • Transporte
  • Material

RECOMENDACIÓNS PARA O CAMPAMENTO:

 Roupa vella e cómoda , e unha prenda de abrigo: xersei, chaqueta, vaqueiros, chándal,
Camisolas, chuvasqueiro etc. (catro mudas)
 Dous pares de calzado: tenis ou botas pouco pesadas
 Material de aseo persoal: toalla, xabón, escoba de dentes e dentífrico
 Para comer: Bocadillo e peza de Froita para o primeiro xantar (evitar refrescos e calquera
tipo de ‘chucherías’) , prato,vaso/ cazo, culler, garfo e coitelo, preferibelmente metálicos
 Material para durmir: saco de durmir ou dúas mantas
 Outros: bolsas de plástico para gardar a roupa suxa

Como me anoto?

Folla de Inscripción

  • Chamando :

              Chao de Castro – Altair :

6 2 6 7 3 9 8 4 9 

  • Mail: chaodecastro.altair.burela@gmail.com
  • No Local da asociación  todos os sábados ás 15:30 (rúa do Río,  número 10 entreplanta esquerda. Burela)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s