CAMPAMENTO DE VERAN, DO 1 AO 11 DE XULLO EN AUGAS MESTAS (QUIROGA)

O Concello de Quiroga está situado no ángulo sueste da provincia de Lugo, limitando en algúns puntos coas provincias de León e Ourense, conta con preto do 50% do sistema montañoso da Serra do Caurel. Ten unha extensión superficial de 317,4 km2,  distribuídos en 22 parroquias e 123 entidades singulares de poboación. Quiroga, limita ó norte con Folgoso do Caurel, ó sur con Ribas do Sil,  Poboa de Trives, o leste coa Rúa e Vilamartín de Valdeorras e ó oeste coa Pobra de Brollón e Monforte de Lemos. É un fermoso entorno localizado na afluencia do río Lor  co río Sil. 

DSCF6718

Folleto do Acampamento

Premer aqui

DSCF6717

 Actividades do Campamento 

Premer aqui

O día 7 será o Día de pais, neste día realizaranse as visitas daqueles pais que o desexen.

Axudándonos da fermosa paisaxe que vamos ter ao noso redor, faremos actividades de exploración, descuberta, relacionadas tamén coa estratexia e, por suposto co traballo en equipo e a convivencia. Como aconteceu nos anteriores acampamentos, as rapazas e os rapaces participarán en todas as tarefas diarias como: cociñar, lavar, recoller, limpar, etc.

Destinatarias/os: nenas e nenos de 8 a 14 anos.

DSCF6761

Para o acampamento contamos co complexo turistico que gratamente nos deixou a Deputacion de Lugo.

Trátase dunha experiencia moi construtiva para os nenos e as nenas, tanto para o seu crecemento persoal como grupal.

Queremos animar ás familias e por suposto aos propios nenos e nenas que se anoten, XA VERÁS COMO VAS QUERER REPETIR!!!!!

52296277

O acampamento inclúe:

  • Aloxamento (en tendas de campaña, se chove na casa)
  • Comidas (levar bocadillo para a comida)
  • Seguro de responsabilidade civil
  • Transporte
  • Material

RECOMENDACIÓNS PARA O CAMPAMENTO:

  • Roupa vella e cómoda , e unha prenda de abrigo: xersei, chaqueta, 2-3 pantalons, chándal,
     varias camisolas, bañador, chuvasqueiro etc.
  • Dous pares de calzado: tenis ou botas pouco pesadas e fanequeras.
  • Material de aseo persoal: toalla, xabón, escoba de dentes e dentífrico.
  • Para comer: Bocadillo e peza de Froita para o primeiro xantar (evitar refrescos e calquera
    tipo de ‘chucherías’) , prato,vaso/ cazo, culler, garfo e coitelo, preferibelmente metálicos.
  • Material para durmir: saco de durmir ou dúas mantas.
  • Outros: bolsas de plástico para gardar a roupa suxa.
  • Recomendamos que se leve unha soa mochila coa que o nen@a que poida cargar con elas (vamos facer rotas e camiñadas).

Como me anoto?

Folla de Inscrición

  • Chamando :

              Chao de Castro – Altair :

6 2 6 7 3 9 8 4 9 

  • Mail: chaodecastro.altair.burela@gmail.com
  • No Local da asociación  todos os sábados ás 15:30 (rúa do Río,  número 10 entreplanta esquerda. Burela)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s