Que é Chao de Castro?

Chao de Castro-Altair é o nome que recibe o grupo de educación nos tempos libres pertencente a Altair Galiza e que funciona en Burela.

Altair é unha asociacion sociocultural para a educación nos tempos libres que traballa con rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos. Esta asociación nace na cidade de Compostela no ano 2010. Constitúena un grupo de persoas vinculadas ao mundo da educación nos tempos libres, cunha longa e intensa experiencia na educación.

Tríptico Chao de Castro-Altair

COMO O FACEMOS?

Fundamentalmente mediante actividades orientadas á educación en valores e adecuadas á idade dos rapaces e rapazas: xogos, aventuras, campamentos, procuras ou descubertas e outras levadas a cabo en diversos ambientes e en contacto coa natureza e a realidade social presente.

Dividimos as actividades nos seguintes grupos de idade:

  • Pícaras/os: de 7 a 9 anos. O xogo marcará toda a actividade. Irán aprendendo destrezas, competencias, adquirindo coñecementos, hábitos, desenvolvendo valores, etc.
  • Insurras: de 10 a 11 anos. Idade en que o descubrir e saber cousas é fundamental. Descobre o mundo que o rodea, cos seus problemas, bens e oportunidades.
  • Aventureiras/os: de 12 a 13 anos. Sitúanse uns obxectivos e repártense responsabilidades cun carácter lúdico e cunha finalidade de aventura.
  • Pioneiras/os: de 14 a 15 anos. Aprendizaxe lúdico de coñecementos culturais, sociais, políticos, económicos, etc.
  • Argonautas: de 16 a 17 anos. Nesta etapa deséñanse proxectos con carácter de servizo á sociedade.

CANDO E ONDE O  FACEMOS?

De xeito estábel facemos actividades entre setembro e xullo, todos os sábados de 16:00 a 19:00 horas no local do grupo,rúa do Río nº10 e, en diversos espazos do noso entorno local e na natureza. Normalmente en agosto non hai actividades.

Ademais o Equipo Educativo reúnese semanalmente para planificar as actividades, proxectos e campamentos que, tendo en conta os grupos, as súas características e a idade das nenas/os, se levarán a cabo cada sábado ou nos diversos campamentos programados.

E COMO FACEMOS TODO ISTO?

Fíxase unha cantidade para o mantemento do grupo (compra de material, alugueiro de equipas, local do grupo, comida, saídas e outros gastos que se deriven das actividades realizadas todos os sábados). As cotas son o compromiso das familias con este proxecto. Delas depende a súa estabilidade. As cotas aseguran que as súas fillas e fillos podan beneficiarse dun proxecto altruísta como o de Altair.

  • Cota mensal 1 fillo   : 25€
  • Cota mensal 2 fillos: 35€ 

Os campamentos e outras actividades non ordinarias páganse a parte. Os campamentos teñen un custo aproximado duns 20€ día/persoa.


Cota bancaria: 2080 – 0109 – 11 – 3040024171  en Nova Galicia Banco

PARA QUEN O FACEMOS?

Dirixímonos a rapaces e rapazas de entre 8 e 18 anos. As persoas interesadas contacten con nós a través de:

chaodecastro.altair.burela@gmail.com


Móbiles persoais:

  • Aitor (responsable económico): 610845852
  • Melisa (vice-coordinadora): 676220442
  • Bruno (coordinador): 685325153
  • Thaís (secretaria): 675077725

Un comentario en “Que é Chao de Castro?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s