XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Rematado  o acampamento de Bravos (Ourol) que foi xenial, pero curto!!!, aquí vos queda a proba do ben que o pasamos.

Lembrade que comezamos este sábado os nosos proxectos na Casa da Xuventude de Burela de 16:00 a 19:00. Estades convidados a vir e a probar. Animádevos!!!

VAMOS DE ACAMPAMENTO!!!

Ola amig@s!! Esta Semana Santa comezamos o noso acampamento de primavera en Bravos. Saímos o día 20 ás catro da tarde e regresamos o martes 22 pola mañá.

Xa veredes que ben o pasamos en Chao de Castro, coas nosas festas, xogos, descubertas, velada….e pantasmas!!jajaja.

A próxima semana subiremos as fotos para que vexades o ben que o pasamos.

Imos aló!!