NOVO ACAMPAMENTO DE PRIMAVERA EN BRAVOS (OUROL)

ACAMPAMENTO-1 como objeto inteligente-1Hola amig@s! Ata o vindeiro 16 de Marzo está aberto o prazo para se inscribir no acampamento de primavera que organiza o grupo educativo en tempos libres “Chao de Castro – Altair” de Burela.

Está dirixido a nenos e nenas entre 7 e 17 anos os días 20,21 e 22 de marzo de 2016 en Bravos (Ourol).  O custo da actividade e de 25e para socios e de 38e para non socios, pero, para os non socios informalos de que este prezo inclúe a cota do mes de Abril, para que poidades desfrutar das actividades de tempo libre que organiza o grupo Chao de Castro tódolos sábados durante todo o ano.

Tamén informarvos de que o día 14 haberá unha reunión informativa na Casa da Xuventude de Burela ás 20: 30, no que tódolos pais poderedes facer as vosas preguntas, así como informarvos tamén da labor socio-educativa da asociación Altair – Galiza.

Altair é un proxecto independente dedicado á educación integral nos tempos libres por medio da pedagoxía do proxecto e da acción e en contacto coa natureza.

Para máis información e inscrición :

685325153 – Bruno

659737312 – Fátima

Recordade tamén que nos podedes seguir na nosa páxina de Facebook:

http://www.facebook.com/pages/Chao-de-Castro-Altair-Burela/198808886869561

Inscríbete aquí!

Inscribirse é sinxelo:

1.-Descarga pinchando aqui a folla de inscrición , a folla médica  e a de recomendación a ter en conta polas familias para o acampamento de outono.

2.- Cumprimenta a folla de inscrición e médica

3.- Ingresa a cota correspondente como moi tarde o 16 de marzo de 2016. Cotas:

25 € SOCI@S 38 € NON SOCI@S  (*Inclue cota do mes de abril para quen queira continuar na asociación)

INGRESO DA CANTIDADE CORRESPONDENTE

NA CONTA DE CHAO DE CASTRO-ALTAIR

Datos que deben aparecer: Nome, apelidos e DI da nena/o. Concepto: Acampamento Outono Altair

ABANCA: ES16 2080 0109 1130 4002 5010

4.- Como moi tarde o día de saída (20 de marzo ás 16 horas na Estación de Burela) os familiares deben entregar á organización a folla de inscrición e a médica debidamente cumprimentadas e unha FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.