Proxecto pedagoxico de Altair

O equipo de educadoras e educadores de Chao de Castro-Altair , con formación específica neste ámbito e pertencente á Asociación de Cooperación Educativa Internacional Altair impulsa un proxecto educativo en Burela nos tempos libres, durante os tempos de ocio ou lecer.

Traballamos con rapaces e rapazas cuxa idade esteña comprendida entre os 8 e os
18 anos. O noso traballo é continuo e estábel: facemos actividades todos os
sábados. Por ser a nosa unha pedagoxía do ocio ou do tempo libre empregaremos
instrumentos como o xogo, a música, a danza, a representación, a arte, as actividades ao aire libre, as visitas a lugares, os percorridos, as aventuras e naturalmente os campamentos para transmitir valores como a tolerancia, a igualdade, a solidariedade, a paz, o respeito, a xustiza…

Valores que coidamos son fundamentais para o presente e o futuro dos seus fillos e
das súas fillas como cidadáns e cidadás conscientes, críticos/as e responsábeis.

Quero ser educador/a ou colaborador/a de Chao de Castro! 

Se contas con 18 ou máis anos contacta con nós a través deste enderezo electrónico ou teléfono móbil (ofrecemos  formación en educación nos tempos libres para obtención do título de monitor/a):

CONTACTA CON NÓS 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s