Imaxes e novidades

ACAMPAMENTO DE OUTONO DE CHAO DE CASTRO-ALTAIR BURELA
campa-outono-cdc-1

Chao de Castro Altair de Burela, asociación de educación nos tempo libres sen ánimo de lucro lanza un acampamento de outono na Mariña para nenxs de 7 a 13 anos os días 7, 8 e 9 Sin título-1de outubro 2016. O acampamento será en Masma e a organización contará coas instalacións do centro sociocultural para o desenvolvemento da actividade.
REUNIÓN INFORMATIVA DOMINGO 2 DE OUTUBRO ÁS 19 HORAS NA CASA DA XUVENTUDE DE BURELA
(data límite para se inscribir o 5 de outubro)
COTAS (inclúe transporte ao lugar do acampamento e seguros):
-27 € sóci@s
-45 € non sóci@s*
*Inclúe cota do mes de outubro para quen quera continuar na asociación
+ INFORMACIÓN: 685325153/ chaodecastro.altair.burela@gmail.com

CHAO DE CASTRO-ALTAIR INICIA UN NOVO CURSO DE ACTIVIDADES!!!

cuartillas

PARA NENOS E MOZOS!!

GRUPOS DE IDADE: 7-9/10-11/12-13/14-15/16-17

CASA DA XUVENTUDE DE BURELA: SÁBADOS DE 16 A 19 HORAS

REUNIÓN INFORMATIVA: DOMINGO 2 DE OUTUBRO ÁS 19 HORAS NA CASA DA XUVENTUDE DE BURELA

ACAMPAMENTOS-APRENDIZAXE POR PROXECTOS-NATUREZA- AIRE LIBRE!

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN SEN COMPROMISO EN:
https://chaodecastro.wordpress.com/solicitar-mais-informac…/
685325153
chaodecastro.altair.burela@gmail.com

ACAMPAMENTO DE VERÁN DE CHAO DE CASTRO ALTAIR EN RIANXO 
Cartaz_Rianxo16_a4-01 (1).jpg
Entre o 26 de xuño e o 8 de xullo de 2016 (13 días/12 noites) o grupo educativo de nenxs e monitorxs  Chao de Castro Altair vivirá unha nova aventura para a memoria: Marchamos de acampamento a Rianxo!!!
Sin título-1
Entre as moitas aventuras vamos levar a cabo algún percorrido pola ría en barco (probabelmente en veleiro), unha visita privilexiada á illa de Cortegada (onde se atopa o bosque de loureiros mais grande de Europa), actualmente deshabitada que forma parte do Parque Natural das Illas Atlánticas, descuberta do patrimonio arqueolóxico da zona (castros, petroglifos, etc), paseos por entornos de bosque autoctono até as fermosas praias da contorna, aventura a pé durante trés días pola zona costeira entre Rianxo e a Pobra durmindo en refuxios previamente identificados.
 E QUE MAIS SE FAI NUN CAMPAMENTO ALTAIR?:
participación en tarefas cotías, 
construcións ,
cociña saudábel, 
camiñatas, 
aventuras, 
descubertas,
xogos de acampamento,
veladas, 
lumes, 
música, 
danza,
cancións,
actividades en grupo,
natureza,
praia, 
creatividade, 
imaxinación,
compañeirismo,
socialización,
amizades ,
etc…
Coma sempre reservaremos un día para a  visita das familias ao acampamento que será o domingo 3 de xullo. As familias poderán ir chegando cara ao medio día, poderemos xantar todos xuntos e até as 19 horas as familias e nenxs terán un tempo para estar xuntos, compartir as vivencias, mostrar o acampamento, dar un paseo, etc
Para todas as persoas que estexan interesadas no proxecto, haberá unha reunión informativa o domingo 12 de xuño ás 19 horas. A reunión terá lugar na Casa da Xuventude de Burela. A data límite para se inscribir é o mércores 15 de xuño.

COTAS:

Rebaixa:*-50 % da cota para irmaos
Soci@s: 145 € (Facilidades de pago)
Non soci@s:
* Posibilidade de pago en tres prazos  de 35€/48 € mais entrada respectivamente.O pago total farase antes do dia 8 de Xullo.
Até o 31 de maio:105 +entrada de 63€
Até o 15 de xuño: 144 € +entrada de 78 €
+ Información
-685325153/659737312
-Visitanos no Facebook!

APÚNTATE! FESTAS DE BURELA-XOGOS DE ACAMPAMENTO ALTAIR

Para participar nos Xogos de Acampamento que Chao de Castro Altair Burela levará a cabo no Día do Neno, o domingo 29 de Maio, durante as festas de Burela é necesario cumprimentar telematicamente a inscrición que está disponíbel a continuación coa intención de facilitar aos monitorxs a tarefa de planificación das actividades que serán adaptas ao número de participantes por grupo e á idade dos nenxs.

HORARIO: DE 16 A 19 HORAS (NA PRAZA DA MARIÑA)

Os xogos desenvolveranse en grupos de idade. Cada grupo de idade estará baixo a supervisión de un monitor/a de tempo libre. Os xogos serán os típicos de campamento, grupais, de confianza, descubertas, aventuras, de pistas, etc

PRAZAS LÍMITADAS A 30 NENXS

Os grupos serán:

-De 7 a 9 anos (máximo 10 participantes)

-De 10 a 11 anos (máximo 10 paticipantes)

-De 12 a 13 anos (máximo 10 participantes)

+ INFORMACIÓN: 685325153

Para participar cumprimentar telemáticamente o seguinte formulario:

A cumprimentación do presente formulario leva consigo a autorización á Asociación Altair Galiza a facer fotografías da miña filla/o así como a difundir estas na súa páxina web, medios de comunicación. Tamén para os usos que, con carácter pedagóxico, a Asociación Altair Galiza decida destinar estas imaxes para o ben do proxecto.

ACAMPAMENTO-1 como objeto inteligente-1Ola amig@s! Ata o vindeiro 16 de Marzo está aberto o prazo para se inscribir no acampamento de primavera que organiza o grupo educativo en tempos libres “Chao de Castro – Altair” de Burela.

Está dirixido a nenos e nenas entre 7 e 17 anos os días 20,21 e 22 de marzo de 2016 en Bravos (Ourol).  O custo da actividade e de 25e para socios e de 38e para non socios, pero, para os non socios informalos de que este prezo inclúe a cota do mes de Abril, para que poidades desfrutar das actividades de tempo libre que organiza o grupo Chao de Castro tódolos sábados durante todo o ano.

 

Tamén informarvos de que o día 14 haberá unha reunión informativa na Casa da Xuventude de Burela ás 20: 30, no que tódolos pais poderedes facer as vosas preguntas, así como informarvos tamén da labor socio-educativa da asociación Altair – Galiza.

Altair é un proxecto independente dedicado á educación integral nos tempos libres por medio da pedagoxía do proxecto e da acción e en contacto coa natureza.

Para máis información e inscripción :

685325153 – Bruno

659737312 – Fátima

Recordade tamén que nos podedes seguir na nosa páxina de Facebook:

http://www.facebook.com/pages/Chao-de-Castro-Altair-Burela/198808886869561

altair(2)

Reunión informativa o domingo 27 de Setembro ás 19 horas na Casa da Xuventude de Burela

Data límite 29 de Setembro

Sin título-1

Familias, para vosas fillas e fillos, Chao de Castro-Altair volta coas súas actividades de lecer educativo para nenas/os de 7 a 17 anos. TODOS OS SÁBADOS DE 16 A 19 HORAS NA CASA DA XUVENTUDE DE BURELA.

E como cada ano, comeza o novo curso co ACAMPAMENTO DE OUTONO!

O ACAMPAMENTO DE OUTONO terá lugar os días 2, 3, e 4 de outubro en ONS (Brión) e terá un custo para socios de 25€ e para non socios de 45€, haberá reunión informativa este domingo 27 de Setembro ás 19 horas na CASA DA XUVENTUDE DE BURELA. A data límite para se inscribir é o próximo 29 de Setembro.

NON O PERDAS!

Xogos tradicionais, música, rotas de sendeirismo, lecer ao aire libre, cociña e convivio coa natureza son algunhas das moitas actividades das que túa filla/o poderá desfrutar neste GRANDE ACAMPAMENTO!

Para mais info/inscrición: 685325153 (Bruno Faustino) / chaodecastro.altair.burela@gmail.com

Xogos tradicionais. Decembro- Febreiro 2015

Cremos na importancia que ten a vinculación dun tipo de asociación educativa como a nosa co resto da comunidade. Por iso en determinados momentos da semana pasada tivemos o local aberto para que toda persoa que quixese xogar ou ver os xogos tradicionais que tiñamos o fixese.

Ademais como asociación de educación nos tempos libres vimos nesta actividade uns obxectivos moi claros: pasar un rato divertido xogando pero tamén mostrar aos nosos nenos e nenas que hai moitísimos xogos que se poden facer cun pouco de imaxinación e que se realmente queres conseguir algo único non inflúe os cartos senón as ganas que lle pos ti á hora de facer algo e logo personalizalo.

Tamén nos axudamos dos institutos de Burela para dar a coñecer esta actividade xa que tivemos rapaces e rapazas de ambos centros.

IMG-20150212-WA0026IMG-20150212-WA0022IMG-20150212-WA0021IMG-20150212-WA0013

IMG-20150212-WA0012

IMG_20150212_184930IMG_20150212_184612IMG_20150212_184452 (1)IMG_20150212_184606

Sábado 07-02-15

Este sábado foi moi especial para todos nós xa que recibimos uns agasallos dos nosos compañeir@s de Sete Portas-Altair de Santiago de Compostela.

Tivemos a oportunidade de estar en contacto con eles en campamentos e por suposto, estaremos moitas máis veces xuntos pero tamén mediante este xesto se crea vínculo.

Por suposto Chao de Castro mandará algunha sorpresa a Sete Portas 🙂

Para o proxecto educativo que teñen en común todos os grupos pertencentes a Altair isto é moi importante porque é unha maneira de que os nosos propios nen@s, familias e sociedade en xeral entendan que se trata dun proxecto estable que pretende expandirse en diferentes lugares, creando deste xeito unha cadea de persoas dispostas a facer do tempo libre algo inolvidable.

IMG-20150208-WA0027IMG-20150208-WA0022IMG-20150208-WA0030IMG-20150208-WA0032IMG-20150208-WA0028

Sábado 24-01-15

Hoxe, como cada día, estamos facendo actividades lúdicas-educativas para todos os nenos e nenas de Chao de Castro.

Desta vez toca comezar co proxecto dos Guiñols co fin de representar unha obra de teatro no campamento de primavera.

IMG-20150124-WA0024

IMG-20150124-WA0026

IMG-20150124-WA0023

Primeiras imaxes do Acampamento de Verao de Chao de Castro-Altair: educación na acción cotidiana!!!

https://www.youtube.com/watch?v=aMX_M2e1Si0&feature=youtu.be

CHAO DE CASTRO-ALTAIR MARCHA DE ACAMPAMENTO DE VERAO

Mañá o Grupo Educativo Chao de Castro-Altair marchamos de acampamento de verao.

E isto é un trunfo de todas as persoas que facemos parte de Altair, tanto das nenas e nenos que xustifican o proxecto, como das súas familias e dos xoves voluntarios que conforman a súa Equipa Educativa, dos fundadores do Movimento, dos altaires de todo o mundo. Porque isto quere dicir que o grupo crece, prospera e avanza inexorabelmente e co grupo, Altair.

O acampamento deste verao será no Cadramón (Concello do Valadouro), no espléndido entorno da Fraga da Furna. Un espazo de grande importancia natural, catalogado como LIC, (pertence a Rede Natura 2000) e con grande valor educativo. Porque en Chao de Castro-Altair procuramos espazos para os nosos acampamentos con importancia natural, cultural e educativa. Coabitaremos con este entorno 22 persoas, 18 nen@s de entre os 8 e os 14 anos, e 3 monitores maiores de idade). Serán 12 días e 11 noites en plena Serra do Xistral, con animais salvaxes, fauna e flora autóctona. Ali construiremos o noso entorno para convivir con espazos para cociñar, lavar, a hixiene persoal e para durmir. Faremo-lo coas nosas propias mans.

Tamén, por grupos de idade, teremos distintas saídas, con diferente duración que consistirán en percorridos, durante 1, 2 ou 3 días e durmidas de vivac (en refuxios improvisados ou en infraestructuras emprestadas).

Ademais teremos as veladas, amenizadas pola música e os míticos lumes de acampamento: danzaremos, cantaremos, imaxinaremos, criaremos, compartiremos, riremos e contaremos historias, alguhas de medo..

XOGAREMOS!

O aspecto lúdico é fundamental e continuo na acción Altair e manifestase con mais intensidade no espazo educativo privilexiado e por excelencia: o acampamento! Faremos xogos de rol, pistas, estratexia, de día e de noite, algúns poden durar varios días…

De seguro este acampamento pasará a formar parte do maxín das persoas que facemos parte deste proxecto e ficará na nosa memoria indelébel, como unha aventura inesquecíbel.

Deste maneira inciamos unha nova aventura de educación integral, libre e participativa, en fraternidade e solidariedade.

Hoxe a aguia Altair voa mais alta que nunca e no seu vo non se ha deter, nen para tomar impulso!

melisa

MELISA BOA VIAXE! VOLTA PRONTO!

Hoxe lembramo-nos da Melisa Orbán Fernández, monitora de insurras en Chao de Castro-Altair e en humilde homenaxe a ela van estas palabras. A Melisa participou no grupo desde a súa fundación alá polo mes de Novembro do ano 2011. E queremos facerlle esta homenaxe á nosa companheira e monitora porque Melisa tivo que deixar-nos. Como tant@s outr@s xovens tivo que emigrar para se ganhar a vida xa que este país esta tan escarallado que non ten capacidade para oferecer oportunidades, nen sequera, aos mellor preparados, aos que veñen carregados de futuro…As escasas oportunidades son para outr@s que todos sabemos quen son, onde están e por onde reptan para conseguilas… En fin Melisa, aproveita a experiencia e aprende dos que saben. Trai todo o capital cultural que podas para nutrirnos todos dele contigo, para nós tambén aprender, para os nen@s, para @s monitores/as…E volta, sobretodo volta, porque todos sabemos que esta situación xa non pode durar muito mais e que mais temprano que tarde se abriran as alamedas por onde pasaremos, por fin, libres. Un forte abraço altair, camarada!

Sábado 6 de abril e sábado 3 de maio

Despois de recuperarnos do campamento, volvemos coas forzas renovadas e dispost@s  a seguir construíndo o noso espazo educativo e de lecer. Estes días estámolos a usar sobre todo para darlle un novo aire ao noso local: quitar tacos, tapar buratos, pintar, decorar, etc

Todo isto coas ganas e ilusións de tod@s por ver o noso local espectacular.

Claro está tamén hai tempo para os xogos, como a sardiña enlatada por exemplo que causa moi boa sensación naqueles/as que a “proban” 🙂

IMG_20140426_161024

O noso pioneiro preparando unha entrevista para facerlle ao grupo e logo publicala na revista Maruxía do IES Perdouro

IMG_20140426_170432IMG_20140426_164257

Os nosos pícar@s sempre poñendo a nota de humor no grupo 😛

IMG_20140426_162301

IMG_20140426_164321

Os nosos insurras pensando as maneiras de decorar a súa sala

IMG_20140426_164338

IMG_20140426_165501

IMG_20140426_165609

IMG_20140426_173547

IMG_20140426_174346IMG_20140426_174920IMG_20140426_182828IMG_20140426_183738IMG_20140426_183743IMG_20140426_182913IMG_20140426_173553IMG_20140503_183310IMG_20140503_183327IMG_20140503_183502IMG_20140503_183348

CAMPAMENTO DE VILELA (11 ao 15 de abril do 2014)

Por fin chegou unha das actividades preferidas por tod@s, O CAMPAMENTO!!!!!

Neste campamento contamos cun maior número de nen@s con respecto aos outros polo que a metodoloxía das actvidades mudaron. Puidemos facer xogos máis complexos e á súa vez máis dinámicos . Tamén houbo algo distinto con respecto aos anteriores, nesta ocasión combinamos a durmida nas tendas de campaña co albergue. Despois desta experiencia seguimos pensando que a opción da tenda de campaña é a máis completa xa que son os propios nen@s quen montan o seu lugar de durmida con todas as aprendizaxes que todo iso implica e tamén, aínda que aparentemente pareza o contrario, mantense moito mellor a calor. Outras das claras vantaxes que teñen as tendas son a mobilidade, xa que podes levar a túa casa ás costas e instalarte onde queiras.

Coma en todas as actividades realizas no grupo educativo, combinamos os xogos coas tarefas diarias, que dito sexa de paso, rematan convertíndose na maioría dos casos en actividades lúdicas. Todos os nen@s tiveron que fregar, cociñar, limpar, recoller, etc pero todo iso dentro dunha programación divertida onde se deixa e se fomenta que os/as nen@s se organicen entre si.

Vivimos aventuras, pintámonos, disfrazámonos, bailamos, cantamos, etc e sobre todo pasamos uns días inolvidables. Todos estes sentimentos vividos durante estes días vense moi ben reflectidos nas imaxes que a continuación vamos a poñer.

20140411_185309 20140411_191107

Que ilusión nos fixo ir tod@s xunt@s no bus!!

20140411_185228 20140411_185314

chegada20140414_11542520140414_094012

Xa dende o primeiro día se respiraba un ambiente moi agradable entre todo@s nós

20140412_111540 20140412_111659 20140412_12553420140412_115829

Que ben nos quedou a tenda!!!

20140415_123840

IMG_20140411_215448IMG_20140411_221603

IMG_20140412_085313

IMG_20140412_090140

IMG_20140412_102828IMG_20140412_104504IMG_20140412_102840

20140411_212050 20140411_215403 20140411_215441 20140411_215736

IMG_20140412_091704 IMG_20140412_091801IMG_20140412_091820IMG_20140412_09181020140412_093036 IMG_20140412_091651

IMG_20140412_145039 IMG_20140412_115903IMG_20140412_115618 IMG_20140413_14305720140412_094159 20140412_104521IMG_20140413_110917IMG_20140413_111010IMG_20140413_111420

IMG_20140413_111859

IMG_20140413_112204

IMG_20140412_104523IMG_20140413_145159IMG-20140414-WA0005IMG-20140414-WA0004IMG-20140413-WA0030IMG-20140414-WA0023

20140413_121205 20140413_121315 20140413_122708 20140413_123850 bruno aitorIMG_20140413_121112IMG_20140413_121050IMG_20140413_122807IMG_20140413_122047 IMG_20140413_121627IMG_20140413_121441

IMG_20140413_120502IMG_20140413_185007IMG_20140413_18321620140413_164734

Despois de moito xogar tamén hai sitio para unhas clases moi divertidas!!!!

20140411_221250 20140411_232155 IMG_20140411_221845

IMG_20140412_234216 nós IMG_20140413_224526 IMG_20140413_224544 IMG_20140413_231340 IMG_20140413_231659

IMG_20140412_161446IMG_20140412_161419IMG_20140414_132736

IMG_20140414_141703IMG_20140414_135245IMG_20140414_18543020140415_003238 20140415_005813 20140415_022806 20140415_022837 20140415_022848

IMG_20140415_005649

IMG_20140415_005703 IMG_20140415_005659

IMG-20140415-WA0005

IMG-20140415-WA0006

Viaxe de volta onde se pode ver as consecuencias do campamento, jaja moito cansancio!!!!

Sábado 05-04-14

PREPARANDO AS COUSAS PARA IR DE CAMPAMENTO!!

Hoxe dedicamos o día para organizar o campamento: actividades, comidas, horarios, desprazamentos, etc

Aínda que a xornada foi bastante intensa, valeu a pena xa que entre outras cousas xa puidemos facer algunha compra e adiantar o traballo.

Nas nosas compras buscamos produto de calidade e sempre tendo en conta o lugar de procedencia do mesmo. Non escatimamos nos alimentos xa que no campamento se fan comidas moi completas e enerxéticas para que todos e todas disfrutemos do mesmo ao máximo.

O domingo 06-04-14 tivemos a reunión coas familias interesadas, e a verdade, foi todo un éxito. A parte da asistencia dalgunhas das familias xa socias, tamén contamos con 5 familias interesadas en que os seus fillos/as participasen no campamento.

A hora de saída será o venres 11 ás 18:30 dende a estación de autobuses de Burela.

IMG_20140405_203421

IMG_20140405_203441IMG_20140405_205444IMG_20140405_205612IMG_20140405_205428IMG_20140406_192007

Domingo 23-03-14

MERCADO DO SOUTO EN CERVO

Este día o grupo educativo de Chao de Castro-Altair decidíu ir de novo ao mercado de Cervo.

É unha actividade moi divertida para os rapaces e rapazas pero á vez tamén educativa. Eles/as organízanse para montar a tenda, facer quendas, atender ao público, facer o cacao, cortar o biscoito, falar do proxecto, etc Ademais comproban in situ a importancia do traballo en equipo, o esforzo que conleva poder ofrecerlle á xente un produto de calidade, que prezos son asequibles e cales non, o valor que ten un trato cordial ás persoas e tamén por suposto, entenden que unha oportunidade para darnos a coñecer e conseguir que algún neno ou nena queira vir a probar os sábados ao local da asociación.

Para o próximo sábado toca facer reconto do día de hoxe e reflexionar sobre aqueles aspectos mellorables e por suposto, premiarnos polo bo traballo realizado.

IMG_20140323_105056 IMG_20140323_105607IMG_20140323_110050IMG_20140323_111621IMG_20140323_111650

IMG_20140323_112651IMG_20140323_112656IMG_20140323_110011IMG_20140323_120502

Nunca pode faltar o xogo

Sábado 22-03-14

Neste día preparamos as cousas para volver ao mercado do Souto en Cervo. Nesta ocasión quixemos ofrecer á xente un tazón de cacao con biscoito.

A compra do cacao, procedente do comercio xusto, foi unha decisión que tomamos grupalmente. Vímolo coma unha oportunidade para volver a asistir ao mercado e ofrecerlles á xente algo para comer. Ademais esta compra tamén nos valeu para reflexionar sobre a súa orixe e comprobar cada un e unha de nós a calidade do mesmo.

Coma sempre houbo que organizarse e repartir as tarefas: comprar o leite, facer biscoito, xuntar o material, levalo ao coche, etc

En todas as actividades que se fan conxuntamente sempre hai cuestións que merecen a pena salientar, nesta ocasión, gustaríanos comentar a importancia que os nosos nen@s lle deron ao medio ambiente. Decidiron que non se comprarían vasos de plástico desechables senón que aprobeitaríamos todos aqueles vasos que había no local (de plástico duro) e que despois de cada uso se lavarían para volver a utilizalos de novo.

A tarifa que crimos convinte sería de 3€ para aquela persoa que non trouxese vaso da casa e que o necesitase para tomar o cacao pero deixándolle claro que se nos traía de novo o vaso, nós devolveríamoslle 1€.

Tamén nos gustaría deixar claro que os beneficios económicos que se sacan desta actividade non van destinados para as persoas físicas que participaron senón para o mantemento deste grupo educativo, ben sexa para axudar co alugueiro ou para outras cuestións como a compra de material.

DSCF3279 DSCF3280DSCF3287DSCF3289DSCF3290DSCF3291DSCF3294DSCF3299DSCF3283DSCF3295

Sábado 08-03-14

Este sábado foi especial xa que estivemos xunt@s dende pola mañá ata a noite.  Comezamos o día participando na iniciativa Coge3 onde nós xunto con outras persoas limpamos unha zona moi fermosa de Cangas, os nenos/as implicáronse moito e comprenderon a importancia que ten un bo coidado do entorno e as consecuencias que os nosos actos pode traer ao medioambiente.

Logo, fumos pasar a tarde a Sargadelos, alí visitamos a chamada “Gran rocha” un sitio que parece que nos quere falar de tempos antigos, recórdanos como un sitio máxico de adoración aos deuses. In situ, poidemos comprobar a cantidade de buratos, covas, camiños que ten este conxunto de rochas. Tod@s disfrutamos moito deste día e experimentamos a importancia que ten para a sociedade o coidado e o respecto polo entorno, para que días coma este poidamos disfrutar del.

1782152_10203519496694452_1025542522_n

10006958_10203519416172439_1209295160_n (1)

10006186_10203519419412520_1208091631_n

1653830_10203519414092387_718514545_n

1920565_10203519672098837_1561472491_n

IMG-20140308-WA0012 IMG-20140308-WA0013 IMG-20140308-WA0014 IMG-20140308-WA0025 IMG-20140308-WA0027

ENTROIDO!!!!

Este sábado non haberá actividades por motivo da celebración do Entroido!

Pasade uns días moi bos de festa e comede moitos doces típicos destas datas como as filloas, buñuelos, orellas, etc

Pareceunos interesante este ano deixarvos información sobre o Entroido de Chantada, a ver se algún ou algunha se anima a ir.

ENTROIDO RIBEIRAO EN CHANTADA

O ciclo do entroido prolóngase durante catro días de festexos:

-Domingo de Lambedoiro

Data que se atopa moi relacionada coa gastronomía, un elemento fundamental do Entroido.

-Domingo Corredoiro

Data na que son comúns xogos de diveresa índole, ademais dalgunha outra representanción teatral.

-Domingo de Entroido

Día propia da festividade.

-Martes de Entroido

Data na que Os Volantes (personaxe típico*)invaden Chantada: chegados da ribeira, van acompañados de numerosas comparsas. Neste día tamén se produce o testamento da máscara, feito no que se repasa a vida dos veciños/as da zona; na feligresía de Vilaúxe celebran o enterro do Santo Entroido, que simboliza a festividade no seu conxunto, é introducido nunha caixa mortuoria de formica que posteriormente se cubre con follas. Os volantes bailar ao redor mentres o cura e o sacristán intentan resucitar o cadáver. Nese momento o Santo Entroido levántase e di “tende a festa tranquilos que xa volverei para o enterro” nese intre marcha para volver o Martes de Entroido.

*Os volantes son o personaxe típico do Entroido de Ribeirao, portan sobre a cabeza os famosos “puchos”, enormes gorros dos que din teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas que se estiman poden chegar a pesar 15kg. Sobre elas colgan numerosas cintas de cores ou “colonias” de moita anchura e lonxitude.

(Datos e información sacados da páxina oficial do Concello de Chantada)

Domingo 09-02-14

Este domingo Chao de Castro-Altair participou no mercado do Souto en Cervo, que se organiza o segundo e cuarto domingo de mes no pabellón do colexio.

Foi unha grande oportunidade para visibilizar a asociación fóra do local e unha experiencia máis para o conxunto do grupo. Os nenos encargáronse da organización da venta no mercado: estableceron uns prezos, distribuíron os produtos, publicitaron a asociación, estableceron quendas de venta, etc. Por suposto, unha vez máis, estivo  moi presente o xogo entre quenda e quenda.

Ao remate foi o momento de reflexionar que produtos tiveron máis éxito e se deberíamos invertir parte do gañado en mercar outra cousa para seguir coa participación do mercado.

DSCF3226

DSCF3225

Chegada de Chao de Castro-Altair

DSCF3227DSCF3231

Comezamos a colocar as cousas na mesa

DSCF3228DSCF3229

DSCF3240

DSCF3230DSCF3232DSCF3235DSCF3236DSCF3238DSCF32391656110_286157284871955_1459252439_n

Sábado 19-01-14

Estes sábados estamos preparando todo para participar no mercado de Cervo, que se celebra o segundo e cuarto domingo de cada mes. A idea xurdiu dunha das nosas nenas e tod@s vimos unha grande oportunidade para darnos a coñecer e tamén para que os nosos nen@s fosen capaces de organizarse e de ver as posibilidades que tiñamos de ofrecerlle á xente algún produto feito por nós mesmos. Como contamos con poucos recurso, tod@s optamos por facer algo “bo, bonito e barato”: pulseiras de plástico, de fío, con abalorios, chaveiros, chapas, etc o importante é sacar a  relucir a nosa creatividade e aprender uns dos outros. VAMOS EQUIPO!

IMG_20140118_162551

IMG_20140118_162558IMG_20140118_164849IMG_20140118_164903

algunhas das pulseiras que estamos a facer

IMG_20140118_165428

xa temos feito unhas cantas cousas, toca ir facendo inventario e poñerlles prezo

IMG_20140118_165435

IMG_20140118_165449

IMG_20140118_165500

tod@s na faena, non se enteran da foto!

IMG_20140118_165524IMG_20140118_173906

IMG_20140118_173924IMG_20140118_173934IMG_20140118_173947

Sábado 04-01-14 e domingo 05-01-14

CHEGADA DOS REIS MAGOS A CANGAS!

O sábado preparamos todo para a grande festa do domingo, traballamos un montón pero o resultado mereceu a pena. Pintamos, colgamos, pegamos, expandimos, limpamos, etc pero conseguimos que un dos días máis especiais para os nen@s se convertese en algo divertido e máxico. Os nosos nen@s tanto nun día coma no outro portáronse realmente ben, aí é cando se nota que están afeitos/as a unhas dinámicas e a uns costumes que sinceramente temos que dicir que, así da gusto!!

IMG_20140104_173359_1

IMG_20140104_185031_1

IMG_20140104_164006_1

IMG_20140104_164012_1

IMG_20140104_185056_1

IMG_20140104_195328

IMG_20140105_124943IMG_20140118_173918

IMG_20140105_163218IMG_20140105_163306

IMG_20140105_172932

IMG_20140105_181658IMG_20140105_174519IMG_20140105_185616IMG_20140105_201211

Sábado 21-12-13

Despedimos as actividades deste ano cunha rota, dende Burela ata Sargadelos. Para os/as nen@s significou un paso máis dentro do seu crecemento individual e grupal  xa que a parte de tratarse dun día de xuntanza entre todos e todas nós, experimentaron como o que aparentemente se trata dun camiño moi longo e duro se pode chegar a facer con éxito. Por suposto disfrutamos da fermosa paisaxe que ofrece esta rota, incluíndo o coñecido “paseo dos enamorados” xunto coa súa cascada.

Lembrar ás familias que nos volvemos ver o sábado día 4 de xaneiro no centro cívico de Cangas e que o 5 de xaneiro ás 17:00 estaremos organizando no mesmo lugar a actividade previa á chegada dos Reis Magos a Cangas de Foz.

Desexámosvos a tod@s unhas FELICES FESTAS!!!!!

IMG_20131221_144438

IMG_20131221_144738

IMG_20131221_154810

xise cabalo

IMG_20131221_155030 IMG_20131221_160033 IMG_20131221_160124

IMG_20131221_160348

IMG_20131221_160356

IMG_20131221_160500

IMG_20131221_160609 IMG_20131221_160912

IMG_20131221_160938

IMG_20131221_161754 IMG_20131221_161132

os tres

IMG_20131221_161005 jiji

mandela

Dende o grupo educativo Chao de Castro-Altair querémoslle facer unha pequena homenaxe a Madiba, ex-presidente de Sudáfrica que loitou pola igualdade e xustiza sociais. Referente a nivel mundial de compromiso co seu pobo e de loita  contra apartheid.

Quedan gravadas na mente de todos e todas palabras del como “ser libre non é soamente desamarrarse das propias cadeas, senón vivir nunha forma que respecte e mellore a liberdade dos demais”, “a educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo”e “a morte é algo inevitable. Cando un home fixo o que el considera como o seu deber para o seu pobo e o seu país, pode descansar en paz. Creo que fixen ese esforzo e que, polo tanto, dormirei para a eternidade”.

Ata sempre!

SÁBADO 30 DE NOVEMBRO 2013

Hoxe preparamos uns deseños para caricaturizar as nosas caras. Foi unha oportunidade para que os propios nenos/as soubesen crear un molde o suficientemente grande e resistente para utilizar logo como disfraz.

Tamén xa lles falamos aos nosos nenos/as do campamento de inverno, farase do 20 ao 23 de decembro. Este sábado que ven, 7 de decembro, non haberá actividades porque os/as monitores/as aproveitaremos o día para organizar o campamento.

O DOMINGO 8 de decembro ÁS 17:00  no local da asociación faremos unha REUNIÓN COAS FAMILIAS para falar do campamento e doutras cuestións tamén importantes como da dinamización do local. Ademais tamén nos acompañará nesta reunión o presidente da entidade fundacional Altair.

DSCF3184

DSCF3189

DSCF3190

Comezando a construir os nosos “corpos”

DSCF3188 DSCF3191 DSCF3193

DSCF3195 DSCF3194 DSCF3196

plasmando as ideas no papel

e… comezamos a probar os noso deseños… este é o resultado 🙂

DSCF3198bruno pequeno renobruno renomelisa renajuan reno

despois do reno pasamos aos porquiños

bruno porquimelisa porquixoel porquiDSCF3212DSCF3215

agora tócalle á princesa repolo

juan princesa repolo

melisa princesaxoel princesa repoloDSCF3211bruno princesa

SÁBADO 09 DE NOVEMBRO 2013

Botando man á imaxinación, este sábado fixemos xogos creativos mediante os contrastes de luz e sombra e ademais, axudándonos da diversión, fixemos un “trivial” sobre aspectos culturais. Os nenos e as nenas tiveron que explicar a palabra hórreo,quen é Carlos Blanco, John Lennon, adiviñar nomes de prais coñecidas como a de Riazor, mencionar algunhas características sobre o monte galego, etc

Na mesma tarde fumos á casa dunha veciña da vila, contactou con nós porque tiña pensado tirar unha mesa de comedor e pensou en que na asociación lle daríamos uso. Todo o grupo foi á súa casa e entre todos e todas levamos a mesa ao noso local. Aos nenos/as gustoulles a idea porque era un mobiliario que nos facía moita falla.

Por suposto tamén xogamos na rúa, tanto na do Río como a do Can, ambas zonas teñen bastante posibilidades de xogo.

Lembrade que agora que se está achegando cada vez máis as datas de NADAL o grupo educativo Chao de Castro-Altair ten lotería para vender. Todos os beneficios que saquemos irá destinado ao proxecto. ANIMÁDEVOS!

DSCF3095

DSCF3097

DSCF3102

DSCF3110

DSCF3113

DSCF3114

DSCF3116

DSCF3118

DSCF3119

DSCF3120

SÁBADO 02 DE NOVEMBRO 2013

Aproveitando a data próxima ao día dos mortos, quixemos facer un taller de cabazas terroríficas. Primeiramente buscamos en internet deseños que nos gustasen: uns preferiron facer caras mentres que outros optaron por facer algo máis innovador coa silueta da morte e coa forma dun dragón. O que máis traballo levou  foi vaciar as cabazas e ademais niso tíñamos que invertir bastante tempo xa que para que realmente quedase ben, houbo que valeiralas de todo.

Ademais houbo algún que se atreveu a vir disfrazado, totalmente ambientado para a ocasión. Iso xunto á luz que daban as velas metidas nas cabazas, provocamos un clima apropiado para unha tarde de medo.

DSCF3063

DSCF3064

Ambientados para este día e comezando a debuxar na cabaza

DSCF3065

DSCF3066

DSCF3068

Quitándolle a tapa e valeirándoa

DSCF3069

Buscando o deseño

DSCF3070

DSCF3072

DSCF3074

DSCF3075

DSCF3076

DSCF3081

DSCF3082

DSCF3084

DSCF3085

DSCF3086

DSCF3087

SÁBADO 19 DE OUTUBRO 2013

Hoxe  foi o primeiro sábado que tivemos despois do campamento, todos/as os/as nen@s dixeron que se lles fixo moi curto e que esperan que o próximo sexa o antes posible. Lembramos as anécdotas do campamento e por suposto a xente tan boa que nos atopamos en Bravos (Ourol), como o cura que nos deixou usar a casa reitoral e, en especial mención a Carmén, a avoa dunha das educadoras, que non tivo ningún problema en prestarnos a súa finca para campar durantes ese días. Por suposto, tamén como non podía ser doutra maneira tratándose dunha avoa, darnos comida como eses ovos caseiros tan ricos.

Neste sábado aproveitamos o bo día para xogar fóra, utilizamos un xogo de roles para explicarlles aos nen@s quen eran os heroes clásicos e o nome dos principais como Hércules, Zeus, Atenea, etc. Cada un de nós, tendo en conta as lendas, asumimos un papel cunhas determinadas características. Despois fumos á zona de Torrentes xogar unha “Sardiña Enlatada”, xogo moi popular entre todos e todas nós, onde a estratexia e a astucia é fundamental.

DSCF3030

DSCF3034

Xenda e unha das educadoras escondidas para darlle unha sorpresa aos nen@s. O cambio en Xenda é notable a última vez que a viron era bastante máis pequena

DSCF3035

DSCF3037

Dirixíndonos a xogar

DSCF3039

Preparándonos para a sardiña enlatada

DSCF3040

DSCF3042

Animando a outros nenos a que xoguen con nós e que coñezan o noso grupo

DSCF3043

SÁBADO 28 DE SETEMBRO 2013

Coa nosa iniciativa “Sube e coñécenos” e coas ganas de todos e todas nós para conseguir que o noso grupo medre, tivemos este sábado unha nena nova que quixo participar das actividades. Despois dun tempo sen actividades e tendo como actividade previa o campamento, decidimos organizar e limpar o noso local, tod@s nos dimos conta da importancia de ter ordenado o noso material para calquera actividade que realicemos. Por suposto tamén estivo presente un sábado máis as actividades lúdicas que tanto nos gustan, onde a parte de pasar un rato agradable e rirnos, tamén aprendemos contidos formais en relación coa cultura da vila como outros máis transversais como poden ser o compañeirismo, a creatividade, as relacións, etc

Ademais informamos aos nosos nen@s que este sábado non vai haber actividade porque voluntariamente quen queira (tanto nen@s como familias), xunto con algúns membros do equipo educativo de Chao de Castro, vai ir ao concello de Ourol a participar no proxecto Ríos co fin de comprobar o estado do río desta zona. O sitio en concreto onde o grupo educativo se vai a dirixir é Bravos, lugar onde se vaia a realizar o próximo campamento, polo cal será unha oportunidade moi boa para que eses pais e nais que queira coñecer o sitio o fagan o sábado que ven, 5 de outubro.

http://www.cronica3.com/2013/09/o-esteiro-loiba-ortigueira-e-o-bravos-ourol-seran-inspeccionados-o-5-de-outubro-por-proxecto-rios/

IMG-20130929-WA0002 IMG-20130929-WA0004 IMG-20130929-WA0005 IMG-20130929-WA0011 IMG-20130929-WA0012 IMG-20130929-WA0013 IMG-20130929-WA0014 IMG-20130929-WA0016 IMG-20130929-WA0017 IMG-20130929-WA0022

SÁBADO 21 DE SETEMBRO 2013

Comezamos de novo as actividades con todas as ganas e ilusións que caben esperar. Despois do momento de encontro no que nos abrazamos, sorrimos por vernos de novo, lembramos o anterior campamento e contamos o que fixemos no verán, dispoñémonos a comezar un proxecto moi especial para todos e todas nós: CREAR O CARTEL DO GRUPO EDUCATIVO!

O proceso de decoración do cartel levou o seu tempo xa que queríamos que fose un reflexo do que para nós é Chao de Castro. Por iso, se pasas pola rúa do Río e miras para el, podes observar como hai natureza, tendas de campaña, animais, etc todo iso está moi presente nas nosas actividades.

Ademais disto, falamos das actividades que se poden levar a cabo para que a xente nos coñeza e se anime a participar. A partir do sábado 28 de setembro e todo o mes de outubro, o grupo educativo aposta por unha nova iniciativa “SUBE E COÑÉCENOS“, na que se pretende que eses nenos/as que queiran coñecernos o fagan sen ningún tipo de compromiso.

DSC_0385[1]

DSC_0389

DSC_0396[1]

DSC_0409[2]

CHAO DE CASTRO-ALTAIR RETOMA AS ACTIVIDADES O SÁBADO 21 DE SETEMBRO ÁS 16:00 NO LOCAL DA ASOCIACIÓN NA RÚA DO RÍO

25934

SE ESTÁS INTERESADO OU INTERESADA EN PARTICIPAR NESTE PROXECTO EDUCATIVO-LÚDICO NON DUBIDES EN DIRIXIRTE A NÓS, ESTAREMOS ENCANTADOS/AS DE RESPONDER A TODAS AS TÚAS DÚBIDAS!!!

8 comentarios en “Imaxes e novidades

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s